Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

E.g., 12/03/2026
E.g., 12/03/2026

PROCESO SELECCIÓN ALUMNOS TRABALLADORES OBRADOIRO SENDA RÍO MIÑO: AREEIROS-PENEDO

13/11/2023

Mediante Resolución da Alcaldía de data 05/12/2023,  se require a primeira aspirante da lista de reserva que presente a documentación necesaria para contratala, se ben a mesma queda condicionada o informe do  Servizo Galego de Emprego, respecto das condicións para formalizar contrato formativo e do recoñecemento médico, respecto das condicións  físicas.

O prazo para presentar a documentación remata o xoves día 07/12/2023

Proceso selectivo formación lista de reserva contratacións temporais parazas profesor guitarra clásica

2/10/2023

Mediante Resolución da Alcaldía de data 19/10/2023, se iniciou o chamamento para a contratación laboral temporal dun profesor de guitarra ata a cobertura por persoal laboral fixo (oferta estabilización). O aspirante dispón do prazo de dous días para aceptar ou renunciar o chamamento.

PROCESO SELECTIVO PROFESOR GUITARRA 30 HORAS/SEMANA LABORAL FIXO POR CONCURSO

19/09/2023

O proceso selectivo sufriu demoras pola interposición dun recurso de revisión de oficio contra as bases especificas das prazas de profesores da escola-conservatorio e mediante acordo plenario de data 27/11/2025 inadmitiuse o recurso, dado que a titulación do solicitante non se adecúa á titulación requirida para ser profesor de guitarra. 

Polo que, mediante resolución de alcaldía de data 04/03/2026, alterouse o tribunal de selección, aprobouse a lista definitiva de admitidos e excluídos e determinouse a data de constitución do tribunal e a realización da baremación dos meritos, para o vindeiro martes 17/03/2026 ás 15:30 horas nas dependencias da Escola-Conservatorio de música do Concello de Tui, sita en Avda. da Concordia nº 16 36700 Tui.

PROCESO SELECCION TÉCNICO INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN EMPREGO LABORAL FIXO CONCURSO

19/09/2023

 

Finalizado o proceso selectivo mediante Resolución da Alcaldía de data 28/06/2024, se contratou o aspirante proposto polo tribunal como persoal laboral fixo.

A efectos de formación de lista de reserva  o tribunal indicará sinalou coma data de  realización do sorteo a efectos de establecer a orde da lista de reserva o día 23/07/2024 as 12:00 horas na casa do Concello de Tui, sita en Praza do Concello nº 1 36700 Tui..

 

PROCESO SELECTIVO AXENTE DESENVOLVEMENTO LOCAL LABORAL FIXO CONCURSO

19/09/2023

 

Finalizado o prazo de alegacións  a valoración de méritos do   proceso de selección dunha praza de AXENTE DE DESENVOLVEMENTO LOCAL, laboral fixo, presentouse unha alegación, que foi resolta polo tribunal con data 28/06/2024, asignando as puntuacións definitivas, contra a mesma pode interporse recurso de alzada no prazo dun mes.

Dadas as puntuacións definitivas do    proceso de selección AXENTE DE DESENVOLVMENTO LOCAL persoal laboral fixo, Unha vez finalizado o proceso selectivo mediante Resolución da Alcaldía de data 28/06/2024, se contratou o aspirante proposto polo tribunal como persoal laboral fixo.

 

 

 

Páginas