Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ordenanzas

E.g., 22/01/2026
E.g., 22/01/2026

Ordenanza reguladora do Sistema de Control de Matrícula por cámaras do acceso de vehículos a zonas con horario limitado gratuíto

20/01/2026

Ordenanza reguladora do Sistema de Control de Matrícula por cámaras do acceso de vehículos a zonas con horario limitado gratuíto (zona azul gratuíta) publicada no BOPPO o martes, 20 de xaneiro de 2026.

Entrará en vigor o 11 de febreiro de 2026.

De conformidade coa disposición transitoria, o réxime sancionador da Ordenanza entrará en vigor o 11 de marzo de 2026.
 

Ordenanza reguladora do Sistema de Control de Matrícula por cámaras do acceso de vehículos a zonas con horario limitado gratuíto - Ámbito

20/01/2026

Ordenanza reguladora do Sistema de Control de Matrícula por cámaras do acceso de vehículos a zonas con horario limitado gratuíto (zona azul gratuíta) publicada no BOPPO o martes, 20 de xaneiro de 2026.

Entrará en vigor o 11 de febreiro de 2026.

De conformidade coa disposición transitoria, o réxime sancionador da Ordenanza entrará en vigor o 11 de marzo de 2026.

Anuncio de consulta pública da Ordenanza Reguladora dos Criterios de Adxudicación, Normas de Funcionamento e Utilización das Vivendas Sociais Municipais do Concello de Tui.

13/09/2025

Trámite de consulta pública da ORDENANZA REGULADORA DOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN, NORMAS DE FUNCIONAMENTO E UTILIZACIÓN DAS VIVENDAS SOCIAIS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE TUI.

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración definitiva do proxecto de Ordenanza REGULADORA DOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN, NORMAS DE FUNCIONAMENTO E UTILIZACIÓN DAS VIVENDAS SOCIAIS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE TUI; solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:

a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.

b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.

c) Os obxectivos da norma.

d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de 20 días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Portal de Transparencia da Sede Electrónica, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O anuncio será exposto tamén no portal web d o Concello de Tui coa finalidade de darlle maior difusión.

O prazo dos 20 días naturais comezará a computar dende o día seguinte á inserción deste anuncio no taboleiro municipal de anuncios electrónicos. https://concellotui.sedelectronica.gal/info.23

Consulta pública da Ordenanza reguladora da conservación e rehabilitación de inmobles

17/02/2025

Trámite de consulta pública da Ordenanza reguladora da conservación e rehabilitación de inmobles, informe de avaliación de edificio e rexistro municipal de solares do Concello de Tui

Ordenanza fiscal - taxa pola recollida e tratamento de residuos

30/12/2024

Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola recollida e tratamento de residuos

ORDENANZA REGULADORA DA TRAMITACIÓN DAS LICENZAS URBANÍSTICAS E OUTRAS FORMAS DE INTERVENCIÓN ADMINISTRATIVA

7/12/2024

ORDENANZA REGULADORA DA TRAMITACIÓN DAS LICENZAS URBANÍSTICAS E OUTRAS FORMAS DE INTERVENCIÓN ADMINISTRATIVA

Publicación no BOPPO 

APROBACIÓN DEFINITIVA DA ORDENANZA REGULADORA DA TRAMITACIÓN DAS LICENZAS URBANÍSTICAS E OUTRAS FORMAS DE INTERVENCIÓN ADMINISTRATIVA EDICTO (B.O.P. de Pontevedra núm. 138  de data 16 de xullo de 2024).

O Pleno do Concello de Tui, en sesión extraordinaria urxente celebrada o 21 de xuño de 2024, previa estimación da alegación presentada no período de información pública, aprobou definitivamente a Ordenanza reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa, procedéndose á publicación íntegra da referida ordenanza, en cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local

Anuncio consulta pública Ordenanza sistema de control de matrícula por cámaras do acceso de vehículos a zonas con horario limitado gratuíto (zona azul gratuíta)

13/09/2024

Anuncio consulta pública Ordenanza sistema de control de matrícula por cámaras do acceso de vehículos a zonas con horario limitado gratuíto (zona azul gratuíta)

Ordenanza reguladora do mercado municpial de abastos do concello de Tui

14/08/2024

Ordenanza reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa

6/08/2024

Ordenanza reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa

O Pleno do Concello de Tui, en sesión extraordinaria urxente celebrada o 21 de xuño de 2024, previa estimación da alegación presentada no período de información pública, aprobou definitivamente a Ordenanza reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa, procedéndose á publicación íntegra da referida ordenanza, en cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Ordenanza Reguladora do Servizos de Taxi no Concello de Tui

14/06/2024

ORDENANZA FISCAL - IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA (PLUSVALÍA)

26/04/2024

Imposto sobre Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana

Ordenanza publicada no BOPPO Núm. 82 Venres 26 de abril de 2024 

Xestión delegada no O.R.A.L.: https://web.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral/tributos/iivtnu

Rueiro clasificatorio para ordenanzas

15/02/2024

Este anexo se aplica a efectos de determinar a taxa ou prezo público a aplicar

Páginas