O Teatro Municipal de Tui acolle o 11 de febreiro a estrea nacional de “As que limpan”
O próximo venres, 11 de febreiro, A Panadaría estreará en Tui “As que limpan”.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
O próximo venres, 11 de febreiro, A Panadaría estreará en Tui “As que limpan”.
O próximo luns, 31 de xaneiro, ás 11 h na Sala Xacobeo do edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica terá lugar a presentación de “As que limpan” de A Panadaría. Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto ás autoras, directoras e actrices desta obra Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.
O Teatro Municipal de Tui abre a programación de 2022 con seis espectáculos a celebrar entre o 4 de febreiro e o 18 de marzo. Teatro e música son os dous eixos desta proposta cultural da que a metade dos eventos van dirixidos a público infantil e a outra metade a público adulto. O teatro tudense terá o 85% do aforo e contará cun protocolo covid nunha aposta pola cultura segura. As entradas para todos os espectáculos poranse á venda o próximo martes, 1 de febreiro, ás 21h a través de www.tui.gal.
O Teatro Municipal de Tui acollerá do 4 de febreiro ao 18 de marzo a primeira programación deste ano 2022. As entradas para todos os espectáculos poranse á venda o martes, 1 de febreiro, ás 21 h en www.tui.gal.
Teatro Municipal de Tui. Edificio Francisco Sánchez. Rúa Colón, 2. 36700 Tui entradas@culturatui.Info
Venda de Entradas: www.tui.gal
Prezos Das Entradas:
Normal: 1º Prezo sinalado no espectáculo.
Descontos: 2º prezo sinalado no espectáculo. É preciso amosar o documento acreditativo, carné xove, carné de estudante, carné da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos.
A zona anexa da Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, acolle dende o martes, 18 de xaneiro, a semana exposición “Diálogos” que chega a Tui da man da Red de Juderías e España – Caminos de Sefarad . A mostra foi preparada en setembro de 2021 pola Biblioteca Nacional de Israel para a Xornada Europea da Cultura Xudía.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui realizou ao longo do pasado ano 2021 un total de 10.255 préstamos de libros (cunha media de 852 préstamos ao mes) dun total de 3.881 obras e que foron emprestadas por un total de 759 usuarios da Biblioteca tudense.
Esta cifra supón un notable incremento con relación aos datos do pasado ano que por mor dos efectos do confinamento e demais medidas restritivas unicamente acadaron os 4.545 préstamos.
As súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar chegaban a primeira hora desta mañá ao Teatro Municipal de Tui onde estaba todo preparado para a recepción real. Máis de 1.200 persoas acudiron a súa cita cos Reis Magos tras reservar previamente a súa quenda en www.tui.gal.
Os Reis Magos recibirán este mércores, 5 de xaneiro, aos nenos e nenas no Teatro Municipal de Tui.
Os Reis Magos recibirán este mércores, 5 de xaneiro, aos nenos e nenas no Teatro Municipal de Tui. Hoxe luns ás 20 h abrirase a reserva de entradas a través da web www.tui.gal. Melchor, Gaspar e Baltasar recibiran aos pequenos e pequenas este mércores, 5 de xaneiro, de 11.30 h a 13.30 h e de 16.00 h a 19.00 h. Establécense quendas de entrada cada 10 minutos, admitíndose un máximo de 6 grupos por quenda estando composto cada grupo por un máximo de 5 persoas da que coma mínimo 1 debe ser unha persoa adulta.