Normativa Teatro Municipal

ENTRADAS
Teatro Municipal de Tui. Edificio Francisco Sánchez. Rúa Colón, 2. 36700 Tui entradas@culturatui.Info
Venda de Entradas: www.tui.gal
Prezos Das Entradas:
Normal: 1º Prezo sinalado no espectáculo.
Descontos: 2º prezo sinalado no espectáculo. É preciso amosar o documento acreditativo, carné xove, carné de estudante, carné da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos.
NORMATIVA:
- Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso ao Teatro Municipal.
 - Non se devolverá o importe da entrada.
 - No momento de acceso ao patio de butacas cada persoa deberá ter a súa entrada na man, ou no móbil, e se fose o caso, o documento acreditativo do desconto.
 - Requirirase a presentación do certificado covid, certificado de test de antíxenos negativo ou PRC negativa ás persoas maiores de 12 anos.
 - A entrada debe conservarse até o remate da función.
 
No patio de butacas:
- Prohibido usar o móbil, gravar, comer, beber, introducir paraugas ou carriños de bebé.
 
PROTOCOLO COVID-19
- Se presenta síntomas compatibles coa covid quede na casa
 - Uso obrigatorio de máscara
 - A entrada debe mercarse de xeito anticipado, até media hora antes do inicio, en www.tui.gal
 - Acceso ao patio de butacas dende 30 minutos antes do inicio. Acuda coa suficiente antelación. Evite aglomeracións. Manteña a distancia de seguridade.
 - Desinfecte as mans con xel hidroalcohólico no acceso.
 - Ocupe a cadeira mercada e seleccionada e permaneza sentado até o remate do espectáculo
 - Siga en todo momento as indicacións da organización e a sinalización establecida
 - Os menores deberán permanecer acompañados en todo momento.
 - Actúe con responsabilidade
 
INFORMACIÓN
- info@culturatui.info
 - www.tui.gal
 - APP Concello de Tui
 - Redes Sociais: Facebook | Twitter | Instagram
 - Radio Municipal de Tui: 107.4 FM ou Escoitar en liña | 986 60 37 47 | Facebook | Twitter
 
Áreas: 
Cultura
 



