Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Avento Produccións con "Ummm unha comedia musical"

O venres, 20 de novembro, ás 18.30 h Avento Produccións presenta "Ummm unha comedia musical para chupar os dedos" no Teatro Municipal de Tui. 

“Ummm unha comedia musical para chupar os dedos" é un espectáculo para público infantil e familiar dende os 3 anos. Mestura cancións, bailes e cores para achegarnos unha historia sobre as diferencias, a autenticidade e o valor de trallar en equipo.   

Teatro do Atlántico con "Dúas donas que bailan"

O venres, 6 de novembro, ás 19.30 h Teatro do Atlántico presenta no Teatro Municipal de Tui a traxicomedia “Dúas donas que bailan”.

Nesta derradeira peza dramática de Josep Mª Benet i Jornet compartimos os soños e os fracasos de dúas mulleres, nunha intensa viaxe, tan divertida coma conmovedora, que con ironía e dureza tentan defenderse dos embates da sociedade.

Xampatito con "Só"

O venres, 30 de outubro, ás 19.30 h, chega ao Teatro Municipal de Tui o espectáculo de circo-teatro “” da man de Xampatito Pato. Un espectáculo que ten recibido numerosos galardóns, entre eles o 2º Premio Panorama Circada 2019, e o Premio do Público do Festival Malabharía 2020.

Mercado de solidario de artesanía, antigüidades e coleccionismo

O Paseo da Corredoira acolle un mercado solidario de artesanía, antigüidades e coleccionismo a favor de SOS Tomiño Baixo Miño. Está organizado polo Concello de Tui e a asociación Revolto Artesán Galego.

Contará con 18 postos de antigüidades e coleccionismo, alimentación con produtos como filloas doces e salgadas e queixos gourmet, artesanía en madeira, pedra, cristal ou barro… Abrirá o domingo de 10 a 21h e o luns de 10 a 20.30 h.   O domingo de 10 a 12 h voluntarios de SOS Tomiño Baixo Miño estarán nunha carpa recollendo alimentos non perecedoiros.

O martes preséntase a programación cultural de outono

Undefined

O próximo martes, 13 de outubro, ás 11.30 h, na sala de reunións da casa do concello terá lugar a presentación da programación de outono a celebrar no Teatro Municipal de Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, e do músico tudense Samuel Diz, que abrirá esta programación. 
 

Continúan as actividades programadas co gallo do 50 aniversario da Biblioteca Municipal

Undefined

A Biblioteca Pública Municipal de Tui continúa desenvolvendo as actividades conmemorativas do seu 50 aniversario cun amplo programa que na vindeira semana comprende senllas actividades de animación á lectura dirixidas a dous sectores de público infantil e familiar.

Visita á exposición “O Camiño do humor” de viñetas de Dávila

Undefined

Mañá mércores, ás 19 h na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, realizarán unha  visita á exposición “O Camiño do Humor” que recolle unha recompilación de viñetas do ilustrador e deseñador gráfico galego Luís Davila.  A mostra está organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura