Traspediante presenta este venres no Teatro Municipal de Tui “Nina Ninette”
“Nina Ninette” é o título do espectáculo da danza dirixido a público familiar que chega este venres, 12 de novembro, ás 19.30 h ao Teatro Municipal de Tui dentro da programación de Outono. Será da man da compañía Traspediante e coas bailarinas Marta Alonso Tejada e Paula Quintas e a actriz Carlota Mosquera.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.