Visita á exposición “O Camiño do humor” de viñetas de Dávila
Mañá mércores, ás 19 h na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, realizarán unha visita á exposición “O Camiño do Humor” que recolle unha recompilación de viñetas do ilustrador e deseñador gráfico galego Luís Davila. A mostra está organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.