Maxia e teatro abren a programación cultural no Teatro Municipal
Con dobre proposta comeza esta semana a programación cultural no Teatro Municipal de Tui.
Mañá xoves, 4 de marzo, ás 18.30 h 2 Mind Combined presenta “Maxia sen trucos” con Ian Hamilton e Elisa Alfaya. Presentan un espectáculo para público familiar a partir de 4 anos, no que combinan maxia, ilusionismo, mentalismo, sombras chinescas… Ao longo de 50 minutos en “Maxia sen trucos” achegan ilusións imposibles, bailarán, xogarán, e transmitirán unha mensaxe de esperanza.
As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€ até mañá xoves ás 17.30 h.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.