Píscore con "Concerto singular"
Música, humor, ritmo e comedia xestual son os elementos que combina en escena a compañía Píscore. Creada en 2016 está formada por Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas. O xoves, 16 de xullo, ás 21 h no Paseo da Corredoira presentan o seu espectácilo "Concerto Singular" con capacidade para 100 persoas.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.