Cinema: Mascotas 2
A proxección de "Mascotas 2" pecha o venres, 21 de agosto, ás 22 h no Paseo Fluvial o cinema ao aire libre dentro da programación do verán en Tui. A capacidade está limnitada para 300 persoas previa reserva de entrada en www.enterticket.es
Novas aventuras de Max, Gidget e Snowball neste filme de animación dirixido por Chris Renaud e Jonathan del Val.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.