Cinema "El viaje de Chihiro"
O mércores, 14 de xullo, ás 22.30 h no Paseo Fluvial proxectarase ."El viaje de Chihiro"
Chihiro, unha nena, chega a un mundo habitado por deuses antigos e seres fantásticos tras atravesar un túnel cando viaxaba en coche cos seus pais. Nese extraño lugar atopase con Haku, e cunha feiticeira chamada Yubaba.
Hayao Miyazaki é o director deste filme de animación, que recibiu o Óscar á mellor película de animación e o Oso de Ouro no Festival Internacional de Cine de Berlín en 2002.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.