Ás 16 h ábrese a reserva de entradas para novas quendas para a recepción dos Reis Magos
Ás 16 h ábrese a reserva de entradas para novas quendas que se veñen de habilitar para a recepción dos Reis Magos o próximo martes, 5 de xaneiro, no Teatro Municipal.
Habilítanse 60 novas quendas en horario matinal entre as 11.30 h e ás 13.30 h para grupos de máximo de catro persoas.
Onte á tarde esgotáronse nunhas horas as 110 quendas habilitadas para a recepción de Melchor, Gaspar e Baltasar entre ás 16 e as 19.30 h. Un total de 230 nenos e nenas e 110 persoas adultas teñen xa a súa quenda reserva para saudar as súas maxestades de Oriente.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.