O historiador tudense Suso Vila pecha o ciclo de conferencias sobre o retablo da batalla de Lepanto
O próximo martes, 9 de novembro, ás 19.30 h a igrexa de San Domingos acollerá a derradeira conferencia do ciclo organizado polo Concello de Tui en torno ao retablo de Nosa Señora do Rosario, popularmente coñecido como da “Batalla de Lepanto” pola representación deste episodio bélico que posúe, no 450 aniversario daquela afamada batalla que tivo lugar o 7 de outubro de 1571.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.