Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns preséntase o programa das Festas de San Telmo 2022

1/04/2022

O próximo luns, 4 de abril, ás 12 h no salón de sesións da casa do concello terá lugar a presentación da programación das Festas de San Telmo 2022 que se van celebrar do 16 ao 25 de abril.

A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto ao outros membros da corporación municipal.