Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O xoves preséntase a Festa do Meixón 2022

5/04/2022

Do 8 ao 25 deste mes de abril vaise celebrar en cinco restaurantes tudenses a Festa do Meixón. Este evento será presentado este xoves, 7 de abril, ás 11.30 h, no Claustro da Catedral.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, as concelleiras de Comercio e Mercado, Ana Núñez, e de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, xunto a outros membros do equipo de goberno e autoridades, e os e as representantes dos restaurantes participantes, Asador Paulo,  El Molino, La de Manu, O Novo Cabalo Furado, Parador de Tui, e da adega Vimbio que realizará unha maridaxe dos seus viños co meixón.