Mañá inaugúrase en Tui a exposición "Inventio Mundi"
Mañá ás 19 h na Sala de Exposicións Municipal será inaugurada a mostra "Inventio Mundi”. Na inauguración participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a A presidenta do Consello da Cultura Galega, CCG, Rosario Álvarez, e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda,
A mostra está organizada polo (CCG) e pola Secretaría Xeral de Emigración. Poderá verse en Tui até o 6 de xuño.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.