Artesacía estrea “Illas Desertas” no Teatro Municipal de Tui
O Teatro Municipal de Tui acolle o martes 23 e o mércores 24 de marzo a estrea de “Illas Desertas” da Compañía Escénica Transmédia Artesa Cía. Será ás 19.30 h.
A obra está escrita e dirixida por Artesa Cía con textos de SebastIán Álvaro. Sobre o escenario estarán Laura Villaverde, Roi Fernández, Héctor Pazos e Susana Méndez. Contan coa colaboración tecnolóxica de Fura dels Baus.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.