Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Elefante Elegante con “Cubo”

Data: 
4/02/2022
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

A compañía Elegante Elegante volve a Tui para presentar a súa última montaxe “Cubo”. É unha obra de teatro xestual dirixida e protagonizada por María Torres e Gonçalo Guerreiro. Será o venres, 4 de febreiro ás 19 h no Teatro Municipal de Tui.

Un cubo, de 2 metros de lado, é o lugar onde viven os dous personaxes desta historia. Ela, curiosa e decidida. El, tenro e divertido. Un día, a curiosidade invade o seu cubo e deciden que queren ir máis aló, descubrir o mundo enteiro. Sempre conseguiron poñerse de acordo ata hoxe, pero á hora de elixir o seu destino non poden chegar a un consenso.

Ela quere percorrer un camiño en busca de preguntas e el quere buscar respostas na dirección oposta. Que solución atoparán? Norte, Sur, Leste ou Oeste? Xuntos ou separados?

O espectáculo ten a súa orixe na abstracción da figura xeométrica do cubo e parte da situación de encerro que todos vivimos para evocar a amizade, as separacións, a necesidade de descubrir o mundo e a aventura de medrar. CUBO é un xogo e un xoguete de fantasía, humor e poesía visual.

Xénero:  Teatro xestual

Duración: 45 minutos

Recomendada: + 3 anos

Prezos: 4€ e 3€

 

Normativa e Protocolo COVID Teatro Municipal 2022

<