Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres o Teatro Municipal de Tui acolle a estrea nacional de “As que limpan” de A Panadaría

14/02/2022

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 18 de febrero, ás 21 h, a estrea a nivel nacional da obra “As que limpan”. Trátase do novo espectáculo de A Panadaría. A obra prevista inicialmente para o pasado venres día 11 tivo que adiarse unha semana, e chegará este venres ao teatro tudense.

Sobre o escenario estarán Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, que non só son as actrices deste espectáculo senón tamén as autoras e directoras desta peza teatral. Canda elas está un equipo técnico formado integramente por muller.

Continuando coa súa liña de traballo A Panadaría aborda nesta obra a loita social das limpadoras de pisos reclamando os seus dereitos, pero falan tamén “das mulleres abocadas aos traballos de limpeza e dos coidados, e coma estes traballos normalmente son traballos precarizados” tal e coma explicaban hai un par de semanas na presentación do espectáculo en Tui.   Pero en “As que limpan” reflexiona tamén sobre o modelo de turismo de masas e as súas consecuencias.  Nesta obra A Panadaría conta coa coprodución do Centro Dramático Nacional.

As entradas para a representación en Tui están á venda dende este mediodía en www.tui.gal aos prezos de 10€ e 8€.

Tras a estrea este venres en Tui “As que limpan” continuará en xira por Redondela, Vilagarcía de Arousa, Vigo, As Pontes, Viveiro, Foz, Ames, Oleiros, Santiago de Compostela, Gondomar, Monforte de Lemos,, A Coruña, Lugo, Mos e Cedeira. Amais o 2 e 3 de abril estrarán a obra en castelán no Teatre El Musical en Valencia, e do 20 de abril ao 15 de maio estarán no Teatro María Guerrero en Madrid.