Ampliada en 600 metros cadrados a superficie da Protectora de Animais Aloia
O Concello de Tui vén de ampliar en 600 metros cadrados o espazo do que dispón a Protectora de Animais Aloia. En concreto véñense de rematar as obras que permiten incrementar a superficie de patio da que poderán gozar os máis de cen cans que coidan.
A execución do proxecto comezou en 2016 cando se realizou a limpeza de vehículos inutilizados que había traseira das naves municipais. O ano pasado, ao abeiro do Plan Concellos 2017, construíuse un muro de contención. Agora veñen de rematarse as instalacións coa colocación dun peche metálico e co recheo do terreo.