Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Mañá xoves a corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario a porta pechada

Undefined

A corporación municipal de Tui celebrará mañá xoves, 28 de maio, ás 20 h pleno de carácter ordinario.

Con carácter excepcional, a sesión plenaria celebrarase a porta pechada para o público, sendo retransmitida en directo a través da radio municipal. Realizarase unha nova distribución dos concelleiros para garantir a separación entre eles, e terá ao seu diposr máscaras e luvas.

A instalación de terrazas na vía pública precisa de licenza municipal

Undefined

A instalación de mesas e cadeiras cunha terraza na vía publica está suxeita a licenza municipal. Así o lembra o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, nun bando emitido nos últimos días, onde se indica que así o recolle o artigo 42 da lei 9/2013 de emprendemento e competitividade de Galicia modificada pola lei 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

Bando Terrazas COVID 19

Bando Terrazas ao aire libre dos establecementos de hostelería e restauración.

O goberno da Nación, ao amparo do disposto no artigo 4, apartados b) e d), da Lei Orgánica 4/1981, de 1 de xuño, dos Estados de Alarma, Excepción e Sitio, declarou, mediante o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, o estado de alarma en todo o territorio nacional co fin de afrontar a crise sanitaria provocada polo COVID-19.

O prazo para solicitar as axudas da ARI no Conxunto Histórico vaise ampliar

Undefined

O Concello de Tui vai ampliar o prazo para solicitar as axudas da ARI, Área de Rehabilitación Integral do Conxunto Histórico, que rematou inicialmente este martes, 19 de maio. Tendo en conta a declaración do estado de alarma dende o Concello decidiuse ampliar este prazo, un proceso que está agora en tramitación administrativa, co obxectivo de que poida ser maior o número de persoas propietarias de inmobles nesta zona da cidade as que se poidan beneficiar destas axudas.

O cárcere vello converterase nun centro de acollida de peregrinos e visitantes

Undefined

O cárcere vello converterase nun centro de acollida de peregrinos e visitantes. A empresa Trivium estratexias en cultura e turismo S.L., adxudicataria do concurso de “Redacción do proxecto de acondicionamento do local e montaxe do Centro Cárcere Vello para a acollida aos visitantes do conxunto histórico de Tui e aos peregrinos do Camiño de Santiago” presentou hoxe no concello proxecto.

O Consorcio de Augas do Louro reabre as oficinas de atención presencial ao público

Undefined

Dende o vindeiro luns, 25 de Maio, volverán a estar abertas as oficinas de atención ao público en cada un dos catro concellos do Consorcio do Louro: Tui, O Porriño, Salceda de Caselas e Mos.

Terán un aforo limitado a unha persoa no interior da oficina e porán a disposición da persoa usuaria xel hidroalcohólico para a desinfección das mans, lembrando amais a obrigatoriedade do uso da máscara para o acceso.

Instalados os primeiros 8 contedores para a recollida de roupa usada en colaboración con Cáritas

Undefined

Esta mañá instaláronse 8 contedores para a recollida de roupa usada en distintos puntos do termo municipal, grazas á colaboración establecida entre o Concello de Tui e Cáritas.

De agora en diante será esta ONG a encargada da recollida de roupa, calzado e complementos aos que dará un novo uso.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía