Bando Carga e descarga no Conxunto Histórico
Bando Carga e descarga no Conxunto Histórico
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Bando Carga e descarga no Conxunto Histórico
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu onte á tarde na casa do concello á secretaria de Estado de Función Pública, Clara Mapelli Marchena. Na reunión participaron tamén as concelleiras Ana Núñez e Sonsoles Vicente e o concelleiro Rafael Estévez.
A Mancomunidade do Baixo Miño realiza a convocatoria do proceso selectivo para a confección dunha bolsa de traballo para a cobertura temporal que poidan producirse na plantilla de conductores da MIBM que permita cubrir as necesidades temporais de persoal xurdidas, aos efectos de garantir o bo funcionamento do servizo.
O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días hábiles seguintes ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial de Pontevedra, que foi o mércores 11 de xuño de 2025.
A Mancomunidade do Baixo Miño realiza a convocatoria do proceso selectivo para a confección dunha bolsa de traballo para a cobertura temporal que poidan producirse na plantilla de conductores da MIBM
Segundo Resolución do Presidente de 28/05/2025 aprobáronse as bases que regularán o proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego para a cobertura temporal que poidan producirse na plantilla de conductores da entidade, que permita cubrir as necesidades temporais de persoal xurdidas, aos efectos de garantir o bo funcionamento do servizo.
Un total de 180 alumnos e alumnas de 6º de sete centro educativos de Tui participarán este venres na Aloiada 2025. Aínda que inicialmente estaba previsto que esta actividade se desenvolvese durante dous días, xoves e venres, incluíndo a noite no Aloia, debido a previsión meteorolóxica adversa para mañá xoves tivo que suspenderse por seguridade a actividade desta primeira xornada.
Tui está presente na exposición exposición Viquingos. Unha ollada desde Galicia realizada polo Museo do Mar, en colaboración coa Fundación Cidade da Cultura. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asistiu onte á tarde á inauguración nun acto participaron o conselleiro de Cultura Lingua e Xuventude, Xosé Lopez, e a titular de Cultura da Junta de Andalucía, Patricia del Pozo que cede diversas pezas esta mostra.
Maña mércores, 11 de xuño, ás 10 h, no edificio sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da Aloiada 2025, actividade organizada por sete dos colexios de Tui, en colaboración co Concello de Tui. Celebrarase este xoves 12 e venres 13 de xuño, coa participación de máis de 180 alumnos e alumnas de 6º de Primaria, que estarán acompañados por ao redor de 40 profesores e profesoras dos centros participantes.
O I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia do Concello de Tui foi aprobado por unanimidade no pleno ordinario do mes de maio. Trátase dun documento estratéxico que marca as liñas de actuación para garantir o benestar, a protección e a participación activa das nenas, nenos e adolescentes tudenses.
Este plan, elaborado en colaboración con diferentes áreas municipais, entidades sociais, familias e o propio colectivo infantil e xuvenil, recolle medidas concretas para promover os dereitos da infancia e fomentar unha cidade máis amable e inclusiva para as persoas máis novas.
O Concello de Tui promociónase até este domingo na 47ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia que foi inaugurada esta tarde. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, desprazáronse ata Silleda nesta primeira xornada dun certame feiral que é referencia tanto a nivel galego coma nacional. O Concello continúa así a súa aposta polo promoción turística do municipio, nunha campaña que comezou este ano en FITUR en Madrid e continuou coa presenza na BTL de Lisboa.
O Arquivo Municipal de Tui súmase á Semana Internacional de Arquivos 2025 (IAW2025), promovida polo Consello Internacional de Arquivos (ICA) que se celebra do 9 ao 13 de xuño, coa realización dunha visita ás súas instalacións. Esta actividade celebrarase o vindeiro xoves, 12 de xuño, ás 12 h. Para participar é preciso realizar inscrición previa no correo electrónico: arquivo@tui.gal.