Convocatoria de Pleno 3/2025 do 29 de maio de 2025
Convocatoria de Pleno 3/2025 do 29 de maio de 2025
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Convocatoria de Pleno 3/2025 do 29 de maio de 2025
Este venres, 23 de maio, ás 20 h, no salón de plenos da casa do Concello de Tui, terá lugar a recepción oficial ao equipo sénior masculino do Tyde F.C. que acadou a semana pasada o ascenso á categoría Preferente Galicia.
Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, outros membros da corporación municipal, así como o presidente do Tyde F.C., David Domínguez e os xogadores e equipo técnico do equipo sénior masculino.
Até o luns, 2 de xuño, pódense presentar as solicitudes para a realización das fogueiras de San Xoán. Nun bando da alcaldía infórmase das normas e condicións de seguridade para a realización das cacharelas.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, participou esta pasada fin de semana na Romaría de San Telmo que organizan anualmente, no terceiro domingo de maio, a Hermandad de San Telmo na localidade onubense de Minas de San Telmo. O rexedor respondeu así ao convite realizado pola Xunta Directiva desta Irmandade.
Cita destacada no mundo da motonáutica esta fin de semana en Tui coa celebración do Campionato de España de embarcacións T850 e GT60, e por vez primeira GT15.
Unha ducia de pilotos participarán neste evento que comezará este venres, 16 de maio, a partir das 17 h coas verificacións técnicas. O sábado ás 11.30 h terá lugar a clasificación. A primeira manga disputarase ás 14.00 h, a segunda ás 16.00 h, a terceira ás 18.00 h e a cuarta ás 20.00 h. A entrega de premios celebrarase ás 21.00. Será en augas do río Miño nas inmediacións do Club Náutico San Telmo.
O próximo luns, 12 de maio, ás 12.00 horas, no aparcadoiro do Club Náutico San Telmo de Tui, terá lugar a presentación do Campionato de España de embarcacións T850, GT60 e GT15. Este evento, que se celebrará o sábado 17 de maio, está organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui, coa Real Federación Española de Motonáutica, coa Comandancia Naval do Miño, e Protección Civil de Tui e Tomiño.
A vixésimo primeira edición de Play-Doc comezará hoxe, mércores 7 de maio, ás 20:30 h, no Teatro Municipal de Tui, cunha xornada que combina cinema, música e poesía.
A inauguración desta edición comezará coa presentación dos directores do festival, Ángel Sánchez e Sara García, para continuar coas intervencións dos representantes institucionais: Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, José López Campos, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude e Jorge Cubela, deputado de reto demográfico, mocidade e desenvolvemento rural e cultura.
O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia informan que tiveron coñecemento, nos últimos días, de chamadas telefónicas e visitas a domicilios por parte de persoas alleas ao servizo de abastecemento durante as cales, alegando presuntos problemas de calidade da auga da billa, instan á veciñanza a mercar e instalar nas súas casas uns mecanismos para o tratamento da auga.
O pavillón municipal Gustavo Rodríguez de Tui acolle este sábado 10 e domingo 11 a Final a 4 de 2ª Autonómica Feminina e Masculina de Balonmán. Tui repite por segundo ano consecutivo coma sede dunha Final a 4, xa que ano pasado acolleu a da categoría cadete. Nesta ocasión será o equipo senior do Balonmán Tui quen buscará o ascenso.