Convocatoria sesión plenaria 08/2025 de pleno ordinario correspondente ao mes de novembro
Convocatoria sesión plenaria 08/2025 de pleno ordinario correspondente ao mes de novembro
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Convocatoria sesión plenaria 08/2025 de pleno ordinario correspondente ao mes de novembro
Mañá xoves, 27 de novembro, ás 12 h, no Espazo Sociocultural da r/ Camilo José Cela terá lugar a presentación do Cupón da ONCE dedicado ao VIII Centenario da Consagración da Catedral de Tui.
No acto participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, o director da ONCE en Vigo, Roberto Gaspar Conde, e o deán da Catedral José Diéguez Dieppa.
Todo preparado na Eurocidade Tui-Valença para recibir este sábado ás máis de 700 persoas que van participar nunha proba única que sorprende cada ano como é a Urban Trail Night Eurocidade que celebrará a súa novena edición.
Este mediodía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Óscar Silva, o xefe territorial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides, e os organizadores, Serafín Martínez e Justi Peixoto, deron a coñecer todos os detalles deste evento deportivo.
Maña mércores 26, ás 12.00 horas, no Espazo Sociocultura da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da IX Urban Trail Night Eurocidade, proba deportiva incluída dentro do Calendario Deportivo da Eurocidade 2025. Está organizada polas empresas NOKO 360 e Sra Emilia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença. A IX Urban Trail Night Eurocidade celebrarase este sábado 29, con saída ás 19.30 horas españolas, dende Valença e chegada ao Paseo da Corredoira de Tui.
O Consorcio de Augas do Louro, integrado polos Concellos do Porriño, Mos, Tui e Salceda de Caselas, celebrou hoxe un comité extraordinario no que se aprobou o proxecto de mellora da eficiencia e dixitalización do ciclo urbano da auga.
Esta mañá presentouse a programación oficial coa que se inicia a conmemoración do VIII Centenario da Consagración da Catedral de Santa María que contará cun amplo programa de actividades relixiosas, culturais e divulgativas que comezarán este domingo, 30 de novembro, froito da colaboración conxunta entre o Concello de Tui e o Cabido da Catedral.
Tui prepárase para recibir ao Nadal. O próximo venres, 28 de novembro, a cidade acenderá a súa luz máis máxica e dará a benvida a estas festas cun programa que mestura tradición, creatividade e moita ilusión para grandes e pequenos.
O vindeiro domingo, 30 de novembro ,terá lugar a conmemoración do 800 aniversario da consagración da catedral de Tui que tivo lugar no ano 1225 polo bispo Esteban Egea. O Concello de Tui e a Diocese de Tui-Vigo celebrará este acontecemento excepcional cun amplo programa de actividades ao longo do ano 2026.
O próximo luns, 24 de novembro, ás 11 h, na capela das Reliquias na Catedral de Tui presentarase o programa conmemorativo do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui.
Participarán no acto o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o bispo da diocese de Tui-Vigo, Antonio Valín, o deán da Catedral, José Diéguez Dieppa, as concelleiras de Cultura, Sonsoles Vicente, e de Patrimonio, Ana Núñez, e a subdelegada de Patrimonio, Elvira Larriba.
O Concello de Tui segue promovendo o coñecemento da traxectoria do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez, de quen se cumpre este domingo, 16 de novembro, o 402 aniversario do seu falecemento na cidade francesa de Tolosa. Faino coa tradución ao galego das súas principais.