A Axenda Urbana de Tui presente no III Foro Urbano de España
A Axenda Urbana de Tui foi un dos modelos de planificación galegos que foron dados a coñecer no III Foro Urbano de España que se está a celebrar na Coruña.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou onte á tarde nunha mesa sobre As Axendas Urbanas en Galicia xunto á alcaldesa de Marín, María Ramallo, e os rexedores de Ames, José Blas García, e de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña.





