Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

 

 

 

Presentación da 4ª San Silvestre Solidaria Tudense

Undefined

Mañá xoves, 18 de decembro, ás 11.00 h, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da 4ª San Silvestre Solidaria Tudense, organizada polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, que terá lugar o mércores 31 de decembro, a partir das 10.30 horas, dende o Paseo da Corredoira de Tui. A proba, en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro, conta coa colaboración da Policía Local, Protección Civil de Tui e a Radio Municipal de Tui.

A senda do río Caselas é xa unha realidade

Undefined

Tui recupera a senda fluvial do río Caselas e restaura dous muíños ao seu paso grazas ao convenio coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Coas obras xa rematadas, unificáronse dous espazos naturais privilexiados: a senda do Miño entre Tui e Caldelas, e a senda do Caselas que comunica con Salceda.

Hoxe luns Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e José Antonio Quiroga, presidente da CHMS, visitaron a senda. Participaron tamén na visita a concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez, o concelleiro de Espazos Naturais e Áreas de Lecer, Miguel Méndez, e técnicos da Confederación.

Visita á senda do río Caselas tras o remate das obras de recuperación deste espazo

Undefined

O próximo luns, 15 de decembro, ás 13.00 h o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Jose Antonio Quiroga, visitarán a senda do río Caselas, tras o remate das obras executadas ao abeiro do convenio establecido entre o Concello de Tui e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, CHMS, que supuxeron un investimento de 935 mil euros.

Participarán tamén na visita a concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez, e o concelleiro de Espazos Naturais e Áreas de Lecer, Miguel Méndez.

A Eurocidade Tui-Valença transforma os meses do ano en solidariedade no seu calendario compartido

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença vén de editar o calendario do ano 2026 que se transformará en solidariedade grazas ás aportacións da veciñanza dos dous municipios.

Cada exemplar do almanaque poderase obter a cambio de dous quilos de alimentos non perecedoiros. Así a Eurocidade Tui-Valença transforma os meses do ano en solidariedade.

O Concello de Tui recoñece e agradece a destacada actuación da Garda Civil e Policía Local no atraco rexistrado esta mañá en Tui

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, en nome da corporación municipal, quere transmitir o seu agradecemento á Garda Civil e á Policía Local pola súa destacada e exemplar actuación realizada a primeira hora desta mañá ante o atraco rexistrado nunha estación de servizo en Tui.

Grazas á súa rápida intervención, profesionalidade e valentía, foron quen de reducir e deter a unha persoa armada cunha arma de fogo. A actuación dos axentes, tanto da Garda Civil coma da Policía Local, en favor da protección da veciñanza, representa un claro exemplo de compromiso coa seguridade cidadá.

A Eurocidade Tui-Valença recibe máis de medio millón de euros de fondos europeos para actividades culturais e deportivas

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença recibirá máis de medio millón de euros de fondos europeos para continuar a desenvolver un programa conxunto de actividades culturais e deportivas. O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença veñen de recibir a confirmación da concesión de 521.517,71€ para o proxecto Unicidade 2030 a través do Programa de Cooperación Interreg VI-A España Portugal (POCTEP) 2021-2027.

Comezan os actos conmemorativos do oitavo centenario da Catedral de Tui

Undefined

A catedral de Tui é unha das grandes iconas do patrimonio cultural tudense e de Galicia. Este domingo, 30 de novembro, comezan os actos conmemorativos do 800 aniversario da súa consagración.  Durante os próximos 12 meses a cidade será capital cultural cun amplo e diverso programa de eventos que darán a coñecer esta peza clave do seu patrimonio, así como o que a Catedral representa para o municipio. 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, encabezará o nutrido grupo de autoridades civís, militares e eclesiásticas que asistirán este domingo aos actos previstos no templo catedralicio. 

Cinco millóns de Cupóns da ONCE divulgan o oitavo centenario da consagración da Catedral por toda España

Undefined

A imaxe da Catedral de Tui divúlgase por toda España a través dos 5 millóns de cupóns editados pola ONCE para o sorteo do próximo luns, 1 de decembro, con motivo do VIII Centenario da Consagración da Catedral de Tui.

O cupón foi presentado esta mañá en Tui polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, o director da ONCE en Vigo, Roberto Gaspar Conde, e o deán da Catedral José Diéguez Dieppa.

Actos conmemorativos do 103 aniversario dos sucesos de Sobredo

Undefined

Mañá venres e o sábado prosegue o ciclo “Sobredo, 103 anos despois” organizado polo Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo (IEAMSo), coa colaboración do Concello de Tui,  e que forma parte do Mes da Memoria Democrática que promove o Concello de Tui.

Mañá venres,  28 de novembro, ás 19.30 h no Espazo sociocultural, da rúa Camilo José Cela, terá o acto “A música en Sobredo” coas intervencións de Tino Baz e @s Folieir@s de Lavadores.

A corporación municipal de Tui celebra este xoves pleno ordinario

Undefined

A corporación municipal de Tui celebra mañá xoves pleno de carácter ordinario ás 20 h. A orde do día é a seguinte: 

A) PARTE RESOLUTIVA

1.Aprobación da acta da sesión anterior: ordinaria celebrada o 25 de setembro do 2025.

2.Toma de coñecemento da renuncia presentada por Dna. Pilar Gregores Álvarez a súa acta de concelleira e toma de razón de renuncia de Dna. Andrea Costa Amorín.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía