Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
“Destino, unha peregrinación de Manuel Valcárcel” é o título da exposición que esta mañá foi inaugurada na Sala Municipal no edificio Francisco Sánchez de Tui. A mostra está organizada pola Afundación, Obra Social de Abanca.
No acto de apertura participaron Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, José Luis Romero Quiroga, Coordinador Institucional de Abanca, Belén Gayo López, directora da oficina de Abanca de Tui, e Paloma Vela Garicano, coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación.
A organización da IV San Silvestre Solidaria Tudense reuniuse esta mañá para planificar a proba deportiva que se celebrará o mércores 31 de decembro, a partir das 10.30 horas. Agardan superar a cifra de participantes da edición pasada, na que máis de 1.900 persoas celebraron o fin de ano de xeito deportivo, festivo e solidario, sendo as doazóns a favor da Asociación Española Contra o Cancro.
Mañá xoves, 9 de outubro, ás 11 h na Sala Municipal de Exposición terá lugar a inauguración da mostra “Destino. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel”.
ABANCA, Afundación e o Concello da Tu presentan esta mostra en Tui até o 8 de novembro.
A concesión dunha nova achega de fondos europeos vén de consolidar ao Concello de Tui como referente en Galicia e en España na captación de recursos da UE. O Concello de Tui vén de recibir a comunicación da resolución provisional do Ministerio de Hacienda de 4.365.152 euros procedentes dos fondos europeos FEDER, destinada ao desenvolvemento do Plan EDIL. Esta achega permitirá mobilizar un investimento global de 7.275.253 € que transformarán o municipio e mellorarán ás infraestruturas das parroquias.
O Concello de Tui sumouse este pasado domingo aos actos conmemorativos do Ano Castelao cun evento que combinou historia, viño e música para lembrar a traxectoria vital e creativa do autor.
O edificio da praza da Inmaculada acolleu esta celebración, na que o profesor e historiador Bieito Alonso guiou ao público nun percorrido pola vida e obra de Castelao. Fíxoo narrando a súa historia e falando da súa ampla obra en moi diversos eidos desde os ventanais do primeiro andar cara ao patio central.
O Concello de Tui presentou este mediodía, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, a imaxe de marca da conmemoración do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui.
Hoxe martes, 30 de setembro, ás 12.30 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela terá lugar a presentación pública da imaxe de marca do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui.
O acto contará coa participación de Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; José Diéguez Dieppa, deán da Catedral; e Ana Lozano da empresa Anónimo.
O Concello de Tui fai unha aposta pola sostenibilidade, o medio ambiente e o aforro enerxético acometendo o proxecto de cambio de todos os puntos de alumeado público das 11 parroquias a tecnoloxía LED.
Esta actuación suporá un investimento de 3.176.793,76 € e conlevará a substitución de 4.721 puntos de luz pública e 94 cadros de mando, nos que se incorporan novas tecnoloxías como telexestión.
O padexeiro tudense Iván Alonso Lage foi recibido esta mañá na casa do concello de Tui polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e membros da corporación municipal, tras a súa participación no Campionato do Mundo de Maratón de Piragüismo e logo de anunciar a súa retirada da competición profesional. Iván Alonso conta cun amplo palmarés en competicións nacionais e internacionais sendo un referente no mundo do piragüismo.