A Banda de Gaitas Arume de Malvas actuará esta tarde en Balaídos na previa do partido entre o Celta e o Levante
Tui e o Celta sumarán esta tarde un novo capítulo na súa relación coa actuación da Banda de Gaitas Arume de Malvas en Balaídos, na previa do encontro entre o Celta e o Levante.
Ás 18.50 h a formación tudense levará a nosa tradición musical ao céspede do estadio vigués no penúltimo partido do Celta na casa esta tempada, nunha semana especialmente significativa coa celebración das Letras Galegas este domingo.





