Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do libro "El Mundo desde Abajo" de Valentín Carrera

Data: 
17/04/2026
Lugar: 
No Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela

Este venres, 17 de abril, ás 20 h o Espazo sociocultural, da rúa Camilo José Cela, acolle a presentación do libro “El mundo desde abajo” de Valentín Carrera. 

Esta obra acadou o pasado mes de xaneiro o I Premio Altaïr de Literatura de Viaxes impulsado pola librería Altaïr xunto á editorial Folch & Folch.

A presentación deste venres contará coa participación do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, e cunha conversa entre o autor, Valentín Carrera, e o historiador tudense, Rafael Sánchez Bargiela, na que analizaran este libro e a inxente obra deste tudense universal que é Rosendo Salvado.

“El mundo desde abajo” relata, especialmente, a primeira expedición de Salvado cara a Australia que partiu de Gravesend (London) en setembro de 1845, a bordo da fragata Elizabeth, e chegou a Fremantle o 7 de xaneiro de 1846, tras catro meses de travesía. É entón cando empeza a verdadeira aventura de Salvado como explorador, remontando o curso do Swan River e adentrándose no bush, a selva australiana, onde aprende falas aborixes e se mete na pel dos indíxenas.