O Concurso Nacional de Saltos reunirá na fin de semana en Tui a un centenar de xinetes e amazonas
Un centenar de xinetes e amazonas de Galicia e Portugal van participar esta fin de semana no Concurso Nacional de Saltos que se vai celebrar en Tui nas instalacións do Club Hípico Equigalia. É a terceira ocasión en que esta competición nacional de dúas estrelas se celebra na cidade.





