Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

 

 

 

Inauguración da renovación da rúa Augusto González Besada, da praza da Inmaculada e do Paseo da Corredoira

O venres, 19 de xuño, inaugurarase a renovación da rúa Augusto González Besada, da praza da Inmaculada e do Paseo da Corredoira.

As actividades de animación comezarán xa dende ás 18.30 h da man de Barafunda Animación con Taller de Chapas, e pasarrúas de zancudos, pompeiras, medusas, e globoflexia. 

Ás 20.30 h terá lugar o acto simbólico de apertura por parte do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a membros da corporación e distintas autoridades. No mesmo contarase coa actuación do grupo de folclórico Xuntanza de Randufe.

Tui inaugura mañá a renovación da rúa Augusto González Besada, do Paseo da Corredoira e da praza da Inmaculada

Undefined

Mañá venres o Concello de Tui vai proceder á inauguración da renovación da rúa Augusto González Besada, da praza da Inmaculada e do Paseo da Corredoira.

Ás 20.30 h terá lugar o acto simbólico de apertura por parte do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a membros da corporación e distintas autoridades. No mesmo contarase coa actuación do grupo de folclórico Xuntanza de Randufe, coa música tradicional presente neste destacado momento.

Vinte persoas formaranse en dúas profesións con gran demanda laboral no novo obradoiro de emprego do Concello de Tui

Undefined

Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Traballos de carpintería e moble son as dúas especialidades nas que van formar vinte persoas no obradoiro dual de emprego “Senda Río Miño: Tramo San Martiño” que foi presentado este mediodía.

A Biblioteca Municipal recibe máis dun centenar de libros sobre a memoria democrática

Undefined

Esta mañá foi formalizado o acto de entrega á Biblioteca Municipal de Tui dunha colección bibliográfica sobre a memoria histórica, integrada por máis dun centenar de títulos que conforman dende agora, xunto aos fondos propios da biblioteca tudense, unha colección específica sobre esta temática. Por parte da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e a Louriña, asinou a acta de entrega Ramón Fernández Leal xunto ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González.

A bandeira da democracia ondea nos centros educativos da Eurocidade

Undefined

A bandeira da democracia lucirá en todos os centros educativos de Tui e no Agrupamento de Murallas do Minho en Valença. Esta bandeira de Educación e Democracia simboliza o compromiso colectivo das comunidades educativas cos valores da liberdade, da cidadanía e da participación, e que os centros educativos son espazos nos que se aprende a vivir en democracia.

A escultura do peregrino de Rai rende homenaxe aos milleiros de persoas que percorren o Camiño Portugués

Undefined

Unha escultura de pedra, obra do escultor tudense Rai, que representa un peregrino foi inaugurada este mediodía na rúa Olímpicos Tudenses. Sitúase nun lugar histórico de inicio do Camiño Portugués a Santiago, no porto da barca de pasaxe que comunicou ao longo dos século as cidades de Tui e de Valença ata a apertura da Ponte Internacional no ano 1886.

Este mediodía ao alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto ao propio escultor Rai, membros da corporación e distintas autoridades participaron neste acto. 

A Aloiada 2026 brinda dúas xornadas de convivencia ao alumnado tudense de 6º de Primaria

Undefined

O Parque Natural Monte Aloia e o río Miño serán mañá xoves e o venres o escenario de dúas xornadas de convivencia moi especiais para o alumnado de 6º de Primaria de sete centros educativos de Tui. Celebrase unha nova edición da Aloiada que cada ano promove actividade deportivas e de lecer, en espazos naturais privilexiados, entre 160 mozos e mozas que o próximo curso coincidirán nas aulas xa nos institutos. Cando a eles participarán na Aloiada 40 profesores e profesoras. 

O Concello de Tui contratou a 6 persoas o abeiro da liña 3 do Plan + Provincia 2026

Undefined

O Concello de Tui ven de contratar a  6 persoas o abeiro da liña 3 do Plan + Provincia 2026 da Deputación de Pontevedra

En concreto estas seis persoas incorporaronse a distintos servizos municipais. Foron contratados dous peóns de horticultura e xardinería, un operario soldador-cerralleiro, un enxeñeiro técnico forestal e dous operarios e limpeza viaria.

Presentación da Aloiada 2026

Undefined

Mañá mércores 10 de xuño, ás 11 h, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da Aloiada 2026, actividade organizada por sete dos colexios de Tui, en colaboración co Concello de Tui. Celebrarase este xoves 11 e venres 12 de xuño, contando coa participación de máis de 160 alumnos e alumnas de 6º de Primaria, e de 40 profesores e profesoras dos centros participantes.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía