Inauguración da renovación da rúa Augusto González Besada, da praza da Inmaculada e do Paseo da Corredoira

O venres, 19 de xuño, inaugurarase a renovación da rúa Augusto González Besada, da praza da Inmaculada e do Paseo da Corredoira.
As actividades de animación comezarán xa dende ás 18.30 h da man de Barafunda Animación con Taller de Chapas, e pasarrúas de zancudos, pompeiras, medusas, e globoflexia.
Ás 20.30 h terá lugar o acto simbólico de apertura por parte do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a membros da corporación e distintas autoridades. No mesmo contarase coa actuación do grupo de folclórico Xuntanza de Randufe.
A partir das 21 h actuará o grupo tudense The Pileidis formado por Jorge Pimentel, baixo e voz; Nico Martínez, guitarra eléctrica e voz; Javi Ripplige, batería; Rubén Vázquez, teclados, baixo e coros; e Clara González, guitarra e voz, que interpretaran temas dos anos 90 e 2000. Logo será a quenda de Chimo Cabreira que pinchará unha selección dos grandes éxitos da música española dos anos 80’ e 90’, con cabida tamén para temas actuais.
O Concello de Tui conta coa colaboración do comercio local e da hostalería local que se suman tamén a este evento con distintas iniciativas.




