O Arquivo Municipal de Tui súmase á Semana Internacional dos Arquivos cunha visita guiada este venres
Hoxe, 9 de xuño, celébrase o Día Internacional dos Arquivos, instituído en 2007 para dar a coñecer os arquivos e apoiar ao persoal que traballa neles. Esta data foi elixida en conmemoración da creación do Consello Internacional de Arquivos (ICA), baixo os auspicios da UNESCO, o 9 de xuño de 1948. O ICA con esta conmemoración quere promover o valor dos arquivos e dos arquiveiros a nivel internacional, dado que desempeñan un papel importante na rendición de contas, a transparencia, a democracia, o patrimonio, a memoria e a sociedade.





