Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui foi beneficiario de máis de 820.000 euros do Plan Máis Provincia 2024 para melloras en infraestruturas e espazos públicos

22/05/2024

O Concello de Tui acometerá melloras en infraestruturas e espazos público e levará a cabo a redacción de proxectos grazas á achega de 822.094,04€ logrados a través do Plan Máis Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra. Dúas son as liñas das que o Concello tudense resultou beneficiario.

Por unha banda a través da Liña 1 o Concello de Tui recibirá 791.956,24€,  para as seguintes actuacións:

  • Muro de contención dos Xardíns no Paseo Familia Álvarez Blázquez, para a súa adecuada conservación – 216.194,67 €
  • Mellora da salubridade e eficiencia enerxética da pista deportiva de Randufe – 87.457,98 €
  • Renovación da cuberta e reparación estrutural do campo de fútbol Álvarez Durán – 152.632,28 €
  • Reparación e mellora do camiño municipal de Bornetas – 89.279,97 €
  • Mellora da capa de rodadura entre Laranxeiras e Rebordáns – 83.984,00 €
  • Obras de reforma no entorno da Praza de Abastos – 154.862,34 €
  • Subministro de material informático para dependencias municipais – 7.545,00 €

Estas actuacións teñen como obxectivo modernizar as infraestruturas municipais, mellorar a seguridade viaria e promover a eficiencia enerxética en instalacións deportivas e espazos públicos.

Por outra parte o Concello de Tui recibiu a través da liña 4 un total de  28.047,80 euros destinados á redacción de dous proxectos urbanos que permitirán avanzar na mellora do espazo público en zonas céntricas da cidade:

  • Redacción do proxecto do espazo público na rúa Ordóñez, entre os encontros co paseo da Corredoira e a rúa Bispo Lago – 10.139,80 €
  • Redacción do proxecto da rúa Ourense, que abrangue tamén as rúas Martínez Padín e Compostela – 17.908,00 €

Dende o Concello de Tui destácase que  estas axudas permitirán continuar coa transformación e posta en valor dos espazos públicos, promovendo un modelo de cidade máis accesible, sostible e eficiente.