Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui incrementou un 10% a reciclaxe de envases entre febreiro e abril con respecto ao mesmo período do ano anterior

13/05/2021

Deste xeito superou o reto e gañou o premio – que será entregado mañá venres - da campaña de Ecoembes e a consellería de Medio Ambiente

Grazas a implicación da cidadanía Tui incrementou nun 10% as achegas ao contedor amarelo durante os meses de febreiro, marzo e abril deste ano, con respecto ao mesmo período de 2020.  Deste xeito Tui superou o reto fixado na campaña “Recicla e Únete ao Reto” de Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Mañá venres, 14 de maio, ás 12 h, na praza dos Barcos de Sanxenxo, representantes municipais acudirán a recoller este premio dotado con 2 mil euros que serán doados integramente a unha causa social.

Dende o Concello de Tui quérese amosar o agradecemento á poboación tudense xa que grazas a súa implicación en prol do medio ambiente superouse este reto. Durante a campaña un posto informativo, un gran contedor amarelo na rúa Ourense, e diverso material publicitario convidaron á cidadanía a reciclar.