Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O salón de sesións conta con novo sistema de megafonía grazas ao reinvestimento dunha baixa do Plan Concellos

22/03/2021

O salón de sesións da casa do concello conta cun novo sistema de megafonía co que se mellorou a sonorización deste espazo. A adquisición deste novo equipamento, cun investimento de 6.509,80€, IVE incluído, de  fíxose con cargo á baixa na adxudicación no Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2018-2019 da Deputación Provincial de Pontevedra do investimento "Elaboración de Cartografía Six, Ortofoto Dixital e Rede Topográfica do Concello de Tui". PC 2018-2019/Anualidade 2018.- ".

O novo sistema, que está xa operativo, vén substituír o anterior equipo con que contaba o salón de sesión dende hai xa moitos.

Incrementouse o número de micrófonos dispoñibles até 10 postos. Amais instalouse un equipo con tomas para a conexión de liña. Isto por unha banda redunda no mellor son logrado no salón, tanto para os plenos coma para os distintos eventos que teñen lugar no mesmo, e por outra posibilita a conexión a través dunha toma de liña para por exemplo para os medios de comunicación cando acoden a cubrir un evento poder realizar as gravacións do son, ou nun futuro poder emitir por streaming as sesións plenarias.