Tui coordina os servizos básicos municipais ante a crise do coronavirus
Esta mañá celebrouse no concello de Tui unha reunión de coordinación dos Servizos Básicos Municipais para facer fronte a posibles emerxencias derivadas da crise do coronavirus.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Esta mañá celebrouse no concello de Tui unha reunión de coordinación dos Servizos Básicos Municipais para facer fronte a posibles emerxencias derivadas da crise do coronavirus.
O Concello de Tui baralla o aprazamento das Festas de San Telmo que se celebrarían do 11 ao 20 de abril. Esta é unha das medidas que están sobre a mesa e das que informou hoxe o alcalde, Enrique Cabaleiro, acompañado polos representantes de todos os grupos municipais da corporación.
O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño presentou hoxe xoves en Tui a súa folla de ruta para os vindeiros cinco anos. Un plan estratéxico que conta co respaldo de Turismo da Xunta de Galicia e que busca impulsar de maneira conxunta “a competitividade do sector turístico dos 14 concellos que o conforman, situándoo como o instrumento de referencia na planificación turística do territorio e coa finalidade última de desenvolver produtos turísticos de calidade baseados nos nosos recursos, identidade e tradición”.
Mañá venres, 13 de marzo, ás 12 h na casa do concello comparecerán en rolda de prensa o alcalde, Enrique Cabaleiro, e os voceiros de todos os grupos políticos da corporación, José Ángel Fernández do PP, Juan Miguel Diz Guedes de Ciudadanos, Carmen Núñez do BNG, Laureano Alonso de En Marea, e José Manuel Palacín de C21.
O obxectivo é explicar e ampliar a información sobre as medidas adoptadas para previr o contaxio por coronavirus.
O Concello de Tui vén de acordar unha serie de medidas para previr o contaxio por Coronavirus. Estas decisións adoptáronse por unanimidade na xunta de portavoces celebrada este mediodía na casa do concello. A duración ou modulación das medidas adoptadas se tomará de acordo coas directrices establecidas polas autoridades sanitarias competentes.
Así pecharanse as instalacións municipais de carácter cultural e deportivo dende mañá e suspéndese a programación propia.
Hoxe xoves, 12 de marzo, ás 11.30 h a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural xunto cos concellos pertencentes ao Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, presentarán no Salón de Plenos da casa do concello de Tui a Estratexia de Turismo para o Xeodestino, Ría de Vigo Baixo Miño e o primeiro produto turístico que se ten deseñado en conxunto para os 14 concellos “Bienvenidos al primer reino medieval de Europa”.
O Concello de Tui, coma medida preventiva do COVID 19, aconsella a comunicación telefónica ou telemática, sempre que sexa posible, para realizar xestións nos distintos servizos municipais.
Os cidadáns poden contactar cos distintos departamentos a través de o 986 60 36 25 ou da sede electrónica.
O paseo da Corredoira de Tui acollerá o sábado 21 e o domingo 22 de marzo, de 10 a 20 h, a Feira de Oportunidades de Tui organizada por ACITUI, a Asociación de Comerciantes de Tui, coa colaboración do Concello de Tui.
Este evento foi presentado este mediodía na casa do concello por Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Ana Mª Núñez, concelleira de Comercio, Juan Carlos Blanco, presidente, Manuel Santos, vicepresidente e Quina González vogal de ACITUI.
“Memoria da Melancolía” é o título do concerto que o músico e investigador tudense Samuel Diz ofrecerá este sábado, 14 de marzo, ás 20.30 h no Teatro Municipal de Tui. Será a estrea do seu novo traballo discográfico que interpretará cunha réplica da guitarra de Federico García Lorca, que tocará por vez primeira neste concerto.
Mañá mércores, 11 de marzo, ás 12 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da Feira de Oportunidades organizada por ACITUI coa colaboración do Concello de Tui.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, do presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco, Manuel Santos, vicepresidente e Quina González, vogal de ACITUI.