O Consorcio de Augas do Louro reabre as oficinas de atención presencial ao público
Dende o vindeiro luns, 25 de Maio, volverán a estar abertas as oficinas de atención ao público en cada un dos catro concellos do Consorcio do Louro: Tui, O Porriño, Salceda de Caselas e Mos.
Terán un aforo limitado a unha persoa no interior da oficina e porán a disposición da persoa usuaria xel hidroalcohólico para a desinfección das mans, lembrando amais a obrigatoriedade do uso da máscara para o acceso.





