Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui avanza cara a apertura da rúa Ourense en sentido norte

23/03/2021

Arestora está en exposición o proxecto de ocupación directa dos terreos afectados

O Concello de Tui continúa a avanzar na tramitación de cara á apertura da rúa Ourense en sentido norte co que poder completar o vial dende a Avenida da Concordia até a rúa Maristas, e dende aí enlazar co actual traxecto até a rúa Colón.

En concreto, tras a súa aprobación, arestora está en exposición pública, no portal de transparencia do Concello, o proxecto de ocupación directa dos terreos afectados, que xa no Plan Xeral aparecen así recollidos. Con esta técnica urbanística os propietarios destes terreos verán recoñecida a edificabilidade dos seus terreos unha vez se desenvolva este polígono de solo.  A apertura do vial afecta a un total de sete parcelas, das que seis corresponden a propiedades privadas, e unha a dominio público do viario municipal. Das parcelas privadas cinco veranse afectadas totalmente. Nas mesmas sitúanse 3 vivendas,  de 119 anos, en situación legal antes da aprobación do PXOM actual, que quedan afectadas polo trazado do vial que se pretende ampliar, e que ao ser incompatibles coa desenvolvemento do sector procederase  a súa demolición.

Por outra parte o departamento Urbanismo está articular un convenio que posibilitará a cesión do coñecido coma Hórreo Patazumba, que está catalogado, e que permitirá o seu emprazamento, previa autorización de Patrimonio, nas inmediacións das rúa Ourense, preservando este elemento patrimonial no seu entorno.

O futuro vial terá un ancho de 21 metros e enlazará coa rúa Ourense e a Avenida da Concordia.