O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.
Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.
Miles de persoas participarán ao longo desta fin de semana na Concentración Cabalar de San Telmo, unha citas de referencia no mundo equino en Galicia. Dende mañá sábado e até o luns, na rúa Loureiro, en San Bartolomeu, desenvolverase un amplo programa de actividades no marco das festas de San Telmo.
O Concello de Tui apoiará un ano máis ás e aos deportistas que neste ano 2026 participen en competicións federadas de ámbito internacional. O pasado xoves publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o extracto das bases reguladoras para a concesión destas becas.
Bases das Becas ás e aos Deportistas Tudenses 2026
Na contorna da rúa Loureiro en San Bartolomeu celebrarase o sábado 11, domingo 12 e luns 13 - luns de San Telmo - a Concentración Cabalar de San Telmo co seguinte programa de actividades:
Sábado 11
Domingo 12
Tui converterase esta fin de semana na capital galega do balonmán ao xogarse na cidade a Final a 4 na categoría xuvenil feminina e masculina de balonmán. O Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez será o escenario dos encontros nos que o SAR Rodavigo, o Balonmano Porriño, o Escayolas Miguel Santos BM Cangas e Tecnelsa Asmubal Meaño na categoría feminina, e o Club Cisne Colegio Los Sauces, o Socaire Arquitectos Bueu Atl. Balonmán, o Martínez & De Castro Balonman Tui e o Valinox Novás na masculina buscarán o ascenso de categoría.
Mañá xoves, 26 de marzo, ás 12.30 h, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da Final a 4 na categoría xuvenil feminina e masculina de balonmán, que se celebrará os días 28 e 29 de marzo no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez de Tui, organizado pola Federación Galega de Balonmán, en colaboración co Concello de Tui e o Club Balonmán Tui.
A presidenta do Real Club Celta, Marián Mouriño, será á pregoeira das Festas de San Telmo deste ano 2026. A lectura do pregón, marcará o inicio oficial dos festexos o próximo sábado, 4 de abril, ás 12.45 h, na praza da Inmaculada.
Dende hoxe, 11 de marzo, e até o martes 7 de abril está aberto o prazo de inscrición para a Carreira Popular Solidaria de San Telmo II Memorial Xosé Tato organizada conxuntamente polo Club Atletismo Tui e o Concello de Tui.