Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui continúa a vibrar con España no Mundial

13/07/2026

O partido de semifinais poderá seguirse na praza da Inmaculada nunha pantalla de grandes dimensións 

Tui continúa a vibrar coa Selección Española no Mundial. De novo mañá martes, 14 de xullo, a praza da Inmaculada converterase nunha gran bancada para seguir o partido de semifinais entre España e Francia a partir das 21 h. Instalarase unha pantalla de grandes dimensións - 3 m alto por 6,5 m ancho - onde seguir toda a emoción do encontro. 

Tui continúa así con La Roja, logo de que centos de persoas asistiran xa aos dous últimos partidos nesta céntrica praza tudense. Mañá volverase vivir con intensidade cada minuto do partido buscando o pase á final do Mundial.

O Concello de Tui procederá ao valado da escultura de Rosendo Salvado, situada no centro da praza, co obxectivo de protexer este elemento do noso patrimonio escultórico e solicitando o máximo respecto cara ao mesmo. Así mesmo, advírtese que o acceso ao monumento será obxecto de sanción.