Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A final do Mundial poderá seguirse dende unha gran pantalla na praza da Inmaculada

18/07/2026

A praza da Inmaculada volverá ser este domingo unha gran bancada para seguir o partido de España ante Arxentina na final do Mundial 2026. 

Agárdase que centos de persoas volvan vivir a emoción dun encontro tan decisivo, como ten acontecido nas fase anteriores dende os oitavos ante Portugal, os cuartos con Bélxica, as semifinais con Francia e agora a final ante Arxentina. 

A pantalla que se instalará mide 3 metros de alto e 6,5 m de ancho o permite seguir o encontro tanto na praza coma tamén dende distintos puntos do Paseo da Corredoira. 
Tui prepárase así para vivir este domingo  toda a emoción dunha final dun Mundial.