Solicitude Campamento de Verán Igual É + 2025
Solicitude Campamento de Verán Igual É + 2025
O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.
Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.
Solicitude Campamento de Verán Igual É + 2025
Tui comezou hoxe a conta atrás para as Festas de San Telmo coa presentación da programación festiva que se vai desenvolver do sábado19 ao luns 28 deste mes de abril. Dez días intensos de actividades culturais, musicais, gastronómicas, deportivas, e festivas pensadas para disfrutar en distintos espazos tanto por parte da veciñanza coma por todas aquelas persoas que visiten o municipio nestas datas.
A Marcha Ultreia 2025 baterá o próximo 6 de abril o seu récord de participantes estando xa preto de 600 persoas inscritas a cinco días do remate da inscrición.
Así se deu a coñecer esta mañá na presentación deste evento deportivo que tivo lugar no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. Participaron o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e o coordinador da agrupación HQR e redactor xefe de Deportes do Diario de Pontevedra, David Acevedo.
O próximo martes, 18 de marzo, ás 11.00 horas, no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da Ultreia 2025, evento deportivo organizado pola Agrupación HQR, en colaboración co Concello de Tui, o Concello de Pontevedra, o Diario de Pontevedra e a Xunta de Galicia. Este ano máis de 500 participantes sairán dende a Catedral de Tui e percorrerán o Camiño Portugués ata Pontevedra.
A Eurocidade Valença-Tui organiza a realización do Camiño Portugués de Santiago dende Caminha ata Santiago de Compostela.
Etapas
Regulamento Camiño de Santiago Eurocidade 2025
A Eurocidade Tui-Valença organiza o calendario de Andainas Saudables a celebrar entre maio e novembro:
Mañá martes 25 de febreiro, ás 11.00 h ES, no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da XII Eurocidade BTT, proba de ciclismo de montaña organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Ciclismo, que se celebrará o domingo 9 de marzo.
Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, os responsables de Deportes de Tui e Valença, Rafael Estévez e Arlindo Sousa, e o presidente da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, Eduardo Fernández.
Trece eventos deportivos conforman o Calendario Deportivo da Eurocidade Tui-Valença para este ano 2025. Un programa único na Europa Occidental, coma explicaba esta mañá na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e que reforza as relacións entre as poboacións tudense e valenciana coma sinalou o presidente da Cámara de Valença, Jose Carpinteira.
O domingo 6 de abril celebrarase a sétima edición da Ultreia, unha proba que unirá Tui e Pontevedra.