Descenso Popular e Descenso Internacional do Miño
O río Miño é o escenario dos descensos popular e internacional que se van celebrar neste mes de agosto.
A primeira cita será o xoves, 15 de agosto, co Descenso Popular do Miño que sairá ás 17 h dende a ribeira de Caldelas. Participarán máis de 450 persoas en 300 piraguas. Previamente dende ás 12 h na mesma ribeira de Caldelas celebrarase a Romaría Popular. A festa continuará a partir das 18 h na rúa Olímpicos Tudenses, diante do Centro Municipal de Piragüismo, con música cun dj e gastronomía.





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.