Listaxe provisional de persoas admitidas i excluídas para o Campamento de Verán Igual É + Tui 2025
Listaxe provisional de persoas admitidas i excluídas para o Campamento de Verán Igual É + Tui 2025
O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.
Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.
Listaxe provisional de persoas admitidas i excluídas para o Campamento de Verán Igual É + Tui 2025
Este venres, 23 de maio, ás 20 h, no salón de plenos da casa do Concello de Tui, terá lugar a recepción oficial ao equipo sénior masculino do Tyde F.C. que acadou a semana pasada o ascenso á categoría Preferente Galicia.
Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, outros membros da corporación municipal, así como o presidente do Tyde F.C., David Domínguez e os xogadores e equipo técnico do equipo sénior masculino.
A Carreira Popular e Solidaria de San Telmo, I Memorial Xosé Martínez Tato, recadou este ano 1.074 quilos de alimentos grazas á colaboración de todas as persoas que participaron neste evento deportivo organizado conxuntamente polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui.
As persoas voluntarias de SOS Tomiño – Baixo Miño foron as encargadas, o mesmo día da carreira, de recoller todos os alimentos doados. Pasta, arroz e leite foron os alimentos máis aportados, pero tamén garavanzos, azucre, conservas, fariña, tomate frito, cacao soluble, galletas ou aceite
O Tríatlon Tui - O Porriño celebra a súa décima edición o domingo 15 de xuño. Unha proba xa consolidada que se desenvolverá en formato sprint, con 750 metros de natación no río Miño, en Tui; 20,2 quilómetros de bicicleta entre Tui e O Porriño; e unha carreira a pé de 5 quilómetros no Porriño.
As inscricións están abertas até o 10 de xuño a través da páxina triatlonconcellodoporrino.com. O prezo para persoas federadas con licenza de ámbito estatal é de 15 euros; o das licenzas dun día é 35 euros; e para xuvenís, 21 euros.
Rematado o prazo de presentación de solicitudes para o Campamento de Verán Igual É + 2025, e revisadas as mesmas, procédese á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas, sinalándose un prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte da súa publicación para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non facelo considerarase que desistiu da súa solicitude.
Cita destacada no mundo da motonáutica esta fin de semana en Tui coa celebración do Campionato de España de embarcacións T850 e GT60, e por vez primeira GT15.
Unha ducia de pilotos participarán neste evento que comezará este venres, 16 de maio, a partir das 17 h coas verificacións técnicas. O sábado ás 11.30 h terá lugar a clasificación. A primeira manga disputarase ás 14.00 h, a segunda ás 16.00 h, a terceira ás 18.00 h e a cuarta ás 20.00 h. A entrega de premios celebrarase ás 21.00. Será en augas do río Miño nas inmediacións do Club Náutico San Telmo.
O próximo luns, 12 de maio, ás 12.00 horas, no aparcadoiro do Club Náutico San Telmo de Tui, terá lugar a presentación do Campionato de España de embarcacións T850, GT60 e GT15. Este evento, que se celebrará o sábado 17 de maio, está organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui, coa Real Federación Española de Motonáutica, coa Comandancia Naval do Miño, e Protección Civil de Tui e Tomiño.
O pavillón municipal Gustavo Rodríguez de Tui acolle este sábado 10 e domingo 11 a Final a 4 de 2ª Autonómica Feminina e Masculina de Balonmán. Tui repite por segundo ano consecutivo coma sede dunha Final a 4, xa que ano pasado acolleu a da categoría cadete. Nesta ocasión será o equipo senior do Balonmán Tui quen buscará o ascenso.
Mañá martes, 6 de maio, ás 11.30 h, na sala de concelleiros da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación da Final a 4 de 2ª Autonómica Masculina e Feminina de balonmán, que se disputará esta fin de semana, o sábado 10 e o domingo 11 de maio, no pavillón deportivo municipal Gustavo Rodríguez de Tui. Está organizada pola Federación Galega de Balonmán, en colaboración co Concello de Tui e o Club Balonmán Tui.