Gastronomía e música encherán este sábado a rúa Compostela
A rúa Compostela de Tui será este sábado, 17 de agosto, o escenario dunha gran festa, a XII Festa do Miño coa Festa Gastronómica que comezará ás 20 h e se prolongará até pasada a medianoite.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
A rúa Compostela de Tui será este sábado, 17 de agosto, o escenario dunha gran festa, a XII Festa do Miño coa Festa Gastronómica que comezará ás 20 h e se prolongará até pasada a medianoite.
A praza de San Fernando acollerá o venres, 23 de agosto, ás 21 h o XXIX Festival de Bandas de Música. Contará coa participación da Asociación Musical Julián Santos de Jumilla, de Murcia, e da Banda de Música Popular de Tui.
Tui prepárase para vivir dentro dunha semana, o próximo sábado 17, a Festa Gastronómica dentro da XII Festa do Miño. Trece asociacións tudenses serán as encargadas de presentar unha ampla e variada oferta gastronómica centrada na nosa cociña tradicional aínda que tamén haberá oco para a innovación. A partir das 20 h a rúa Compostela transformarase nun gran recinto feiral para acoller as miles de persoas que cada ano acoden á festa.
Tui consolidouse o no mes de xullo coma un dos referentes culturais da zona grazas á ampla e diversa programación desenvolvida ao longo do mes que reuniu a miles de persoas. O público aplaudiu este programación “Tui, verán na rúa” celebrada en distintos escenarios coma a praza de San Fernando, o Paseo Fluvial, o Parque do Laxal, o torreiro de festas de Guillarei, o Paseo da Corredoira, a Igrexa de San Domingos ou o Teatro Municipal de Tui.
A programación “Tui, verán na rúa”, que organiza o Concello de Tui, ofrece este venres unha nova cita co cinema ao aire libre. Este venres, ás 22.15 h, no Paseo Fluvial proxectarase “Salta!” dirixida por Olga Osorio.
O filme está protagonizado por Tamar Novás, Marta Nieto e Mário Santos, formando parte tamén do reparto Rubén Fulgencio, Mabel Rivera, Manuel Manquiña, Machi Salgado, Irene Jiménez e Saúl Esqueva. Por esta película Tamar Novás recibiu o premio Mestre Mateo á Mellor interpretación masculina protagonista.
Este mércores, 31 de xullo, a partir das 20.30 h terá lugar unha nova visita do ciclo “Coñece o noso patrimonio” que organiza o Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración do Concello de Tui. Esta visita, que se iniciará na fachada norte da catedral, na rúa Párroco Manuel Rodríguez Vázquez, estará a cargo da profesora de historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela, Marta Cendón Fernández. Centrarase no proceso construtivo da catedral tudense e a pegada no exterior do templo catedralicio das diversas etapas deste proceso.
Significativo incremento rexistrado pola Biblioteca Municipal de Tui nos seis primeiros meses deste 2024 no que se refire ao préstamo de libros. Así no primeiro semestre deste ano a Biblioteca Municipal de Tui prestou 9.195 libros, o que representa un 30% máis que os retirados para a lectura a domicilio no mesmo período do ano pasado, cando foron 7.005 os exemplares emprestados.
O martes, 30 de xullo, no Parque do Laxal en Rebordáns, celebrarase unha nova edición da Noite Internacional do Miño organizada pola Escola de Baile e Gaitas San Fins de Rebordáns coa colaboración do Concello de Tui. Este evento forma parte da programación “Tui, verán na rúa”.
Participarán os grupos Sbandieratori Ducato Caetani de Italia, Folk Ensemble "Omarska" de Bosnia Herzegovina, o Conxunto de Cantos e Danzas Tradicionais Los del Bio Bio de Chile e o Ballet Tierra Adentro de Uruguai.
O folclore máis internacional darase cita o próximo martes, 30 de xullo, no Parque do Laxal en Rebordáns, cunha nova edición da Noite Internacional do Miño organizada pola Escola de Baile e Gaitas San Fins de Rebordáns coa colaboración do Concello de Tui. Este evento forma parte da programación “Tui, verán na rúa”.
Participarán os grupos Sbandieratori Ducato Caetani de Italia, Folk Ensemble "Omarska" de Bosnia Herzegovina, o Conxunto de Cantos e Danzas Tradicionais Los del Bio Bio de Chile e o Ballet Tierra Adentro de Uruguai.
O cinema volve este venres ao Paseo Fluvial que volverá converterse nunha gran sala de cinema ao aire libre coa proxección de “A viaxe de Ernest e Celestine”. Será ás 22.15 h con entrada de balde.