MUMI
O Encontro Profesional de Músicas Galiza-Portugal 2024, MUMI, celebrarase na Eurocidade Tui-Valença do 12 ao 15 de setembro.
Os galegos Alana, Amoebo, Os D’Abaixo, Quico Comesaña, Ruxe Ruxe e Su Garrido Pombo; e os portugueses Cardo-Roxo, Jhon Douglas, Miss Universo, Rogério Cardoso e Surma, presentarán a súas propostas musicais nos showcases do MUMI do 12 ao 15 de setembro na Eurocidade Tui-Valença.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.