Elefante Elegante con “Kyoki”
O venres, 8 de novembro, ás 19 h no Teatro Municipal Elefante Elegante presenta “Kyoki”.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
O venres, 8 de novembro, ás 19 h no Teatro Municipal Elefante Elegante presenta “Kyoki”.
O Centro Dramático Galego, CDG, presentará en Tui o seu último espectáculo “Terceiro acto”. A cita será o xoves, 31 de outubro, ás 21 h no Teatro Municipal.
A compañía Catro Cores presentará o venres, 18 de outubro, ás 19 h no Teatro Municipal de Tui “A trompa non só é cousa de elefantes”.
Butacazero presentará o venres, 11 de outubro, ás 21 h “Iribarne” no Teatro Municipal de Tui.
O venres, 4 de outubro, ás 19 h Teatro Paraíso presenta no Teatro Municipal de Tui “Entrecajas”. A obra recibiu o Premio FETEN 2024 ao mellor espectáculo de clown
Mañá venres, ás 11 h na casa do concello presentarase a programación de outono que se vai desenvolver no Teatro Municipal.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, xunto a Xurxo Cortázar, Anxo Outumuro e Esther F. Carrodeguas, elenco da obra de Butaca Zero, que formará parte desta programación.
Música, humor e solidariedade encherán o Teatro Municipal de Tui o sábado, 16 de novembro, na gala benéfica organizada pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui, coa colaboración do Concello de Tui, en favor de ACEESCA e Galiclown, Pallasos de Hospital. Actuarán o monologuista Damián Alonso e o grupo Toke de Queda.
Nacida dunha colaboración entre o Concello de Tui e a Fundación Xavier Pousa, este venres, 27 de setembro, ás 19.30 h inaugurase, na Sala Municipal de Exposicións no edificio Francisco Sánchez, a mostra “A exposición secuestrada. Estampa Popular Galega, Tui-1968”.
O Teatro Municipal de Tui acollerá do xoves 26 ao sábado 28 o ciclo de cinema Mulleres, Patrimonios, Sociedade, promovido pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG).
Trátase da sexta edición deste ciclo que nesta ocasión presta especial atención á memoria histórica, as revolucións e os procesos de transición conmemorando o 50 aniversario da Revolução dos Cravos en Portugal.
Este venres, 20 de setembro, ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións, no edificio Francisco Sánchez, presentarase o último libro do historiador Bieito Alonso, “Inimigos ás portas: Frank López e o anarquismo global”, publicado pola Editorial Galaxia.
O acto contará coa presenza do autor e unha intervención socio-musical a cargo de Quico Paz Antón e Raúl Francés.