Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Cinema "El Pequeño Nicolás"

O Paseo Fluvial de Tui acolle o venres, 12 de xullo, ás 22. 30 h a proxección de "El Pequeño Nicolás" dentro da programación “Tui, verán na rúa” que organiza o Concello de Tui.

O público poderá gozar as aventuras de Nicolás, que o levan até o estudo dos seus creadores René Goscinny (que tamén creou a Astérix) e o  debuxante Jean-Jacques Sempé. Entre Montmartre e Saint-German-des-Prés, Jean-Jacques Sempé e René Goscinny dan vida a "El pequeño Nicolás". O filme, dirixido por Amandine Fredon e Benjamin Massoubre,  recibiu o premio á Mellor Longametraxe no Festival de Annecy en 2022.

Esta fin de semana celébrase o IV Festival da Cultura Tradicional e Folk

Undefined

A música e a vestimenta tradicional serán protagonistas esta fin de semana en Tui no IV Festival da Cultura Tradicional e Folk organizado pola Asociación Cultural San Telmo coa colaboración do Concello de Tui. Este é o segundo dos eventos da programación “Tui, verán na rúa”.

O programa comezará este sábado, 13 de xullo, a partir das 20 h na praza de San Fernando coa celebración do IX Certame de Gaita e Tamboril no que haberá participantes das catro provincias galegas.

Doce propostas musicais diversas e de calidade protagonizarán os showcases do MUMI no mes de setembro

Undefined

Diversidade e calidade son dúas das características das doce propostas artísticas que participarán nos showcases do MUMI, o Encontro da Música de Galicia e Portugal, que se vai celebrar na Eurocidade Tui-Valença do 12 ao 15 de setembro.

Festival Folk GuillaFolk

Cita ineludible para os amantes da música e da cultura tradicional a que se vai celebrar o venres 5 e o sábado 6 de xullo no torreiro de festas de Guillarei co Festival Folk GuillaFolk organizado pola Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei coa colaboración do Concello de Tui. Este evento abre a programación "Tui, verán na rúa". 

O GuillaFolk abre esta fin de semana a programación Tui,Verán na rúa

Undefined

Comeza a programación “Tui, Verán na rúa” esta fin de semana coa celebración do GuillaFolk organizado pola Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei coa colaboración do Concello de Tui.

Mañá venres 5 e o sábado 6, Guillarei converterase no epicentro da música e da cultura tradicional coa celebración do GuillaFolk, co VII Festival Folclórico e o IX Festival de Bandas. O evento terá lugar no Torreiro de Festas de Guillarei e ofrecerá unha ampla variedade de actividades para todos os públicos.

Acto conmemorativo do XXV aniversario da inauguración do monumento á memoria aos represaliados de Silverio Rivas

O sábado, 29 de xuño, ás 19 h, celebrarase na Alameda de San Domingos celebrarase o Acto conmemorativo do XXV aniversario da inauguración do monumento á memoria aos represaliados de Silverio Rivas

Está organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica coa colaboración do Concello de Tui

Tui prepárase para celebrar a máxica noite de San Xoán cunha programación repleta de actividades

Undefined

Tui prepárase para celebrar a máxica noite de San Xoán cunha programación repleta de actividades na que non faltará a recollida de herbas de San Xoán, propostas gastronómicas nas que non faltarán as sardiñadas, as tradicionais cacharelas e concertos.

Son un total de oito puntos ao longo do municipio onde terán lugar as celebracións organizadas por asociacións culturais e veciñais co apoio do Concello de Tui. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura