Este mércores preséntase en Tui o libro sobre o cambio climático e os límites do crecemento de Ricardo Canosa
Este mércores, 18 decembro, ás 19.30 h a Biblioteca Municipal de Tui acolle a presentación do libro de Ricardo Canosa Bastos ¨Los límites del crecimiento económico y la crisis de ideas de la izquierda¨. Esta recente publicación do economista e escritor do Porriño Ricardo Canosa presenta unha reflexión sobre os límites do desenvolvemento e o progreso no mundo actual.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.